14 ene 2013

Seijin no hi 成人の日

Boas! Hoxe é o Seijin no hi, o día da maioría de idade. É festivo e celébrase sempre o segundo luns de xaneiro. Os rapaces que cumplen 20 anos entre o 2 de abril do ano anterior ata o 1 de abril do ano en curso son invitados a unha ceremonia que se leva a cabo nos auditorios municipais. Segundo me dixeron, teñen que escoitar un discurso moi aburrido sobre as responsabilidades que teñen que afrontar como adultos e logo xa cando acaban, van de festa cos amigos.

Algunhas destas celebracións xa foron onte. Na vila do meu mozo había unha morea de "novos adultos" súper arranxados para a ocasión. A maioría das rapazas visten furisode, unha especie de kimono coas mangas máis longas do normal.








Que riquiñas!! Eu tamén quero vestirme así. Que mágoa que eu xa me fixen adulta o ano pasado ヽ(;▽;)ノ
Os homes adoitan vestir de traxe, son moi poucos os que visten o traxe tradicional (hakama). Que mágoa! Co guapos que están!



Se queredes ver máis fotos, subín todas ó Flickr.

Por certo, o acabares a ceremonia danlles unha bolsa con algúns agasallos. Sempre quisen saber o que había dentro desa bolsa! Pregunteille a varias amigas e só unha se acordaba do que había. Segundo a zona o contido da bolsa cambia. En Sapporo danlles un bolígrafo, doces tradicionais e café. A ver se atopo a alguén máis que lembre o que había na bolsa!

Polo momento despídome. Deica loguiño! (*´˘`*)♡

8 ene 2013

Tokio: Día 1

Ola! Feliz aninovo!
Canto tempo sen escribir!
Síntoo, ultimamente ando moi ocupada!

Hoxe vou escribir sobre a miña mini viaxe de dous días a Tokio. (*´˘`*)

A noite do día 30 fun en bus ata Tokio. Cheguei ás 5 da mañá á estación de  Shinjuku e a miña amiga Mineko veume a recoller a pesar da hora. (;∀;) Arigatou!

Fomos ata a súa casa a deixar ás cousas e de paso durmín unha horiña porque no bus non dera durmido. Recuperadas as forzas e vestidas para a ocasión, puxémonos rumbo ó Comicket!
Por fin, despois de dez anos desexando ir, o meu soño cumpriuse! (((o(*゚▽゚*)o)))


Sempre me chamou a atención o edificio onde se celebra, o Tokyo Big Sight. Encántame!


Foi o Comicket  83 e celebrouse os días 29, 30 e 31 de decembro. Eu fun o último día e según din, é o día no que menos xente hai... Non sei como será os outros días porque aquilo estaba a rebentar Non quero nin imaxinar como será o día 29 e o 30! 




Sorprendeume bastante que non había que pagar para entrar. Xapón é xenial! Dentro había un monte de postos nos que vendían ilustracións, doujinshis, cds, etc. É un pouco lioso buscar un posto en concreto. Para non vos perderes recoméndovos mercar a guía do Comicket que venden na entrada. Trae mapas e información de todos os postos. ^^
Por certo, gravei un vídeo no interior, pero a calidade é pésima e eu estaba atenta a outras cousas así que nin sequera sabía o que estaba a gravar. (><) Para á próxima esforzareime máis!


Merquei un CD (que aínda non puiden ver porque o meu ordenador non ten lector de CD) con ilustracións dun mangaka que coñecín polo Twitter. Chámase Gothic Frill. A temática é moi lolitosa, botádelle un ollo. Despois de falar un pouco co mangaka, fomos ós postos de música e coñecín en persoa a un guitarrista famoso do Youtube, Hidenori (Hellman ou Jigokuotoko). Coñecédelo? É amigo de Mineko así que puiden falar con el e regaloume o seu CD e o calendario que vendía. (*´˘`*)♡


Pero, sen dúbida o que máis me gustou do Comicket foron os cosplays. Só se podía sacar fotos dos cosplayers fora do edificio. Podedes ver todas as fotos que saquei na miña conta de Flickr.





 

Ás tres da tarde marchamos. O tren estaba cheísimo! Pensei que morría! Tokyo é un mundo a parte! Volvemos a Shinjuku e comemos takoyaki (๑´ڡ`๑)


Pola tarde fomos ó Sumire no Tenmado, a cafetería das Kokusyoku Sumire. Desgraciadamente pecha pasado mañá, o día do seu sétimo aniversario. Daquela, tiña que ir si ou si! 




Paseino moi ben! Yuka e Sachi acordábanse de min de cando viñeran a Vigo e ademais tiñan colgados na parede dous debuxos meus! (((o(*゚▽゚*)o))) Falamos un montón, coñecín a xente nova, comín soba e bebín por primeira vez shouchuu. Ese día había festa ata o día seguinte porque era fin de ano, pero eu estaba moi cansada da viaxe en bus e volvín cedo para casa. (;∀;). Un final un pouco soso pero estaba rebentada.

E ata aquí o día 31 de decembro. A próxima entrada será sobre o día 1! Espero poder renovar decontado!

Mata ne! ╰(*´︶`*)╯♡