28 feb 2013

Nou 能

Boas!
Unhas semanas atrás unha amiga convidoume a unha representación de teatro Nou na que ía participar. Eu accedín encantada, non mo podía perder!

O evento celebrouse no Nagoya Nou gakudou, un auditorio especializado para as representacións de Nou. Está moi preto do parque do castelo de Nagoia (se vos fixades na foto, á dereita, pódese apreciar vagamente o castelo).







Foi unha gran oportunidade poder asistir. Non me enterei moi ben de que ía a historia, mais paga a pena ir só pola beleza da interpretación.

Déixovos tamén un vídeo que fixen para que vos fagades unha idea.



Deica logo! ヾ(*´∀`*)ノシ


19 feb 2013

O castelo de Inuyama 犬山城


A cidade de Inuyama pertence á prefectura de Aichi e linda coa prefectura de Gifu. Dende Nagoia tárdase 35 minutos máis ou menos en tren.

O castelo está situado no cume dun pequeno monte a carón do río Kiso. Dende o mirador do último piso hai unhas vistas espectaculares!

Na entrada atopámonos cunha rocha na que está escrito "Castelo de Inuyama, tesouro nacional", e que este é o castelo máis antigo que queda en pé en todo o Xapón! 
Foi construido en 1537 por Oda Yojirou Nobuyasu. O castelo cambiou de dono consecutivamente ata que en 1871 foi parcialmente derribado, quedando soamente os muros de pedra. En 1961 comezou a súa reconstrucción e convertiuse en tesouro nacional.


Na ladeira do monte, antes de chegar ó castelo, hai un templo sintoísta.




O que máis me chamou a atención foron os ema, unhas tabliñas de madeira nas que escribes os teu desexos, porque tiñan forma de corazón! (*´︶`*) ♡ 

Pasando o templo chegamos á porta do castelo. A entrada ó recinto custa 500 iens. 
Entras e de súpeto tes diante este fermosísimo castelo!!

A diferenza doutros castelos como o de Nagoia ou o de Gifu, que están totalmente renovados por dentro, a estructura interna do castelo de Inuyama segue sendo a orixinal.

Antes de entrar hai que quitar os zapatos e poñer unhas zapatillas que che emprestan. 
As escaleiras son moi empinadas e as zapatillas esvaran. Un ancián caiu durante a visita. (><)
Non fixen moitas fotos dentro, perdoade.



O castelo conta con 3 plantas e un miradoiro con balcón. Nunha das plantas hai expostas armaduras, katanas, armas diversas e algunha que outra vestimenta de época.
As vistas desde o miradoiro son o mellor, sen dúbida!



  
Foi un día moi divertido. Á saída había un ninja co que podías tirar fotos. Collín un shuriken (estrela ninja) por primeira vez! ヽ( 'ω')ノ卍


Deica a próxima!!

14 feb 2013

Feliz día de San Valentín! ハッピーバレンタインデー!

No Xapón o día de San Valentín é unha data moi importante para as rapazas. Ao contrario que en Europa, onde normalmente regalamos tanto as mulleres como os homes, no Xapón o habitual é que só as rapazas regalen. E pensaredes, que inxusto, non? Non ho! E que o día 14 do mes que ven, o White Day,  tócalles ós homes regalar.  (。•v•)๗♡๒(•ε•。)

Seguro que xa o sabedes, pero no Xapón hai varios tipos de bombóns. Por exemplo:

Honmei choko 
Dánselle á persoa que che gusta, mozo ou marido. Segundo unha enquisa só o 25% de todos os bombóns que se regalan son honmei choko. ΣΣ(゚д゚lll)

Giri choko
Os bombóns de cortesía. Repártense entre compañeiros de traballo, persoas as que lles queres agradecer algo, etc... Aínda que llo regales a un home non ten ningún matiz amoroso nin nada polo estilo. Son o 39%.

Tomo choko
Para os amigos, compañeiros de clase, etc...
Hoxe catro compañeiras regaláronme bombóns. (*´︶`*) ♡

Gyaku choko
Ultimamente algúns homes tamén regalan ás mulleres, pero non é moi habitual.

É estes son os principais, aínda hai máis! 

Dende xaneiro os supermercados están ateigados de bombóns de fabricantes de todo o mundo, hai exposicións dedicadas só a bombóns... Un mundo a parte! (´◦ω◦`)

Entre a xuventude é máis típico facer a man os bombóns, e eu non ía ser menos!
Fíxenos coas compañeiras da residencia. Eu non tiña nin idea, menos mal que me ensinaron como facer. A ver onde ía eu soíña xD Foi moi divertido. Estoume a plantear facer algo así máis a miúdo e todo. (*´˘`*)♡


 Para comezar fixen bombóns con forma de corazón e semiesféricos.

Mais, o meu obxectivo principal era facer rosas de chocolate. Unha meta moi grande para alguén que non fixo un doce na súa vida! xD Pero grazas a axuda de Sze Yu conseguino.

Sze Yu é unha crack! Mirade que flores de chocolate fixo!
 Que boa pinta! (๑´ڡ`๑)

Et voilà! Estes son os meus bombóns. Non quedaron perfectos pero esperaba moito menos a verdade. ヾ(*´∀`*)ノキャッキャ 



E vós, que plans tedes para este día de San Valentín?

11 feb 2013

Sen tempo

Ola! Canto tempo!
Que tal?
Teño tantas cousas que contar e tan pouco tempo...
Dende que comecei na escola non teño nin un respiro. Este trimestre tocoume a quenda de tarde (de 1.30 a 5.00) e córtame completamente o día. (Tede en conta que no Xapón faise de noite moi cedo, sobre as 5.30-6.00) Ademais, acribíllanos con deberes interminables e exames todos os días. Cando remato de estudar estou tan cansa que só penso en durmir.
Pero non vos preocupedes, polo de agora sigo ben o ritmo e estou a sacar moi boas notas. ヾ(*´∀`*)ノキャッキャ E que se un quere aprender como é debido o seu lle costa..


Esta semana vou renovar sen falta! Xa teño casi lista a miña aventura no castelo de Inuyama. 
Vémonos!