28 dic 2012

12/28

Boas!
Esta mañá fun dar unha volta polos arredores e cheguei de casualidade a un parque. Despois de camiñar un pouco e sacar algunhas fotos, atopeime, de súpeto, cunha rapaza facendo cosplay co seu respectivo fotógrafo. Cando ía a preguntarlle se podía tirarlle unha foto, deime de conta de que ó lonxe había unha morea de cosplayers e fotógrafos! Resulta que hoxe celebrábase un evento de cosplay! Menuda sorte! Saquei poucas fotos porque andaban bastante ocupados posando para os seus fotografos (ฅ'ω'ฅ)♪





27 dic 2012

12/27

Ola!
Hoxe definitivamente instaleime na residencia. O cuarto é súper pequeniño!
Ao principio estaba bastante nerviosa porque non coñecía a ninguén, non sabía moi ben o que facer, as normas... Os encargados non me explicaron nada.(TOT) Menos al que cando fun cear coñecín a unha rapaza súper amable que me ensinou todos os recunchos da residencia e que resulta que tamén é otaku. Que ben!  (*'▽'*) Xa podo durmir tranquila.

Por certo, cando cheguei á residencia dixéronme que había un paquete para min. Eran doces típicos de Aomori que me mandara a unha amiga que vive alí. Arigatou! ╰(*´︶`*)╯♡
Os doces xaponeses teñen unha presentación tan bonitiña que sempre me dá moita peniña comelos. (>_<。 )

Doces de mazá e de uva. 

Mañá teño o día libre, a ver se alguén quere quedar comigo para ir dar unha volta.
Por agora os plans que teño son:
O sábado 29 ir a sacar fotos cunha amiga lolita e o seu fotógrafo.
O día 30 vou a Tokyo a visitar unha amiga. Imos ir ó Comiket e ó Sumire no Tenmado! Por suposto iremos tamén a Harajuku, Akihabara e demais. Iso si que é empezar ben o ano! Morro coas ganas!
Xa vos contarei.

Mata ne! (ฅ'ω'ฅ)♪

25 dic 2012

Meri kurisumasu! Bo Nadal!

Ola a todos.
Que tal a cea de Noiteboa? Coméstedes moito?

En Xapón adoitan comer polo en Noiteboa, aínda que eu comín sukiyaki, unha especie de cocido con verduras, tofu e carne. (*´∇`*) Ademáis tamén comín o que tanto quería probar: o pastel de Nadal. Anos e anos véndoos en fotos e por fin puiden probar un! Estaba moi bo, por dentro era o típico bizcoito pero tiña anacos de pexego polo medio. (*´ڤ`*)
Agora toca esperar o Aninovo para comer soba e mochi!

Felices festas!╰(*´︶`*)╯♡





24 dic 2012

Primeiros días no Xapón

Bo Nadal!
Ah~Como vou botar de menos esas ceas familiares con marisco e cousas ricas!
Menos mal que trouxen comigo turrón Suchard e algunha que outra cousiña.

Estes días estiven tan ocupada que nin tempo a renovar o blog tiven. Hoxe por fin se relaxou a cousa e teño tempo de escribir. Alá vai un resumo destes días☆

Despois dunha longa viaxe de dous días, aterrei por fin en terras nipoas o venres pola mañá.
Vista de Nagoia

O meu mozo viu recollerme ó aeroporto. Xa había tres meses que non o vía.( ˘ ³˘)♥
Despois de descansar un pouco partimos cara o centro da cidade. Eu ía fascinada vendo a paisaxe e as casas tradicionais xaponesas. En 20 minutos chegamos ó centro.

Non durmira nada no avión e aínda por riba ese mesmo día tiña que facer unha morea de cousas: ir a escola a presentarme, ir a rexistrarme no concello, ir a residencia a presentarme e a deixar as cousas... Pensei que morría!

A miña escola

Ese día comín ramen nun restaurante chamado Denny's. Que rico estaba! Por certo, no Xapón cando vas a un restaurante dánche a auga gratis. Non fai falla pedir bebida!(*'▽'*)

Ramen

Cando rematamos todo, puxémonos rumbo a casa do meu mozo en Gifu, a unha hora máis ou menos de Nagoia. É unha vila e non hai moitas tendas, pero como eu estou acostumada a isto, gustoume moito. Non sei se me darei afeito a unha gran cidade.(>_<。 )
Estaba derreada, daquela durmín ata a noitiña. Logo fun cear e a dar unha volta. Preto do apartamento había unha especie de auditorio cun xardín con decoración do Nadal.

Gifu

O apartamento onde vive o meu mozo é bastante amplo, non como a meu cuarto da residencia que é super pequeniño! Pero non me poido queixar; por ese precio non ía atopar nada mellor. Ademáis inclúe a comida.
Por certo, o apartamento ten washlet, un váter que está quenciño cando sentas e se queres límpache o cú cun chorro de auga. Σ(゚д゚lll)

------------------------------------------------------------

O sábado quedei cunha amiga de Nagoia. Despois de pasear un pouco fomos comer (os xaponeses comen arredor das 11 e media ou 12). Unha amiga recomendáralle unha cafetería e alá fomos. Na mesa do lado estaban a tomar pasta e pareceume que tiña tan boa pinta que foi o que pedín. Cando comecei a comer todo ía ben, estaba boísimo, pero axiña me din de conta de que lle faltaba algo... non tiña carne! Era só pasta e a salsa! Quedeime bastante estrañada pero parece que é normal.

Pasta con salsa de tomate e mozzarella

Cando rematamos de comer fomos a unha zona que se chama Osu, que é algo así como o Akihabara de Nagoia. Había maid cafes, tendas de figuras de manga e anime, tendas de merchandising dos Johnny's, etc... Atopei tamén unha tenda de ropa lolita de segunda man. Para quen non o saiba, a ropa lolita é súper cara, un vestido pode custarche entre 250-400 euros. Despois de remexer un pouco atopei un vestido da marca BABY THE STARS SHINE BRIGHT que me gustou e merqueino por 6000 iens, uns 60 euros. Que vos parece?

Vestido de BABY THE STARS SHINE BRIGHT

Tamén fomos facer purikura! Foi a miña primeira vez e todo ía demasiado rápido! Para a próxima tentarei saír mellor.  ╮( ̄▽ ̄")╭

Purikura con Mayumi e o meu mozo

Como tiña que mercar e facer aínda moitas cousas despedímonos de Mayumi cedo e marchamos a un centro comercial. Mercamos un montón de cousas para o meu cuarto e para o apartamento. Farei especial mención a que mercamos un kotatsu, algo que quería dende había moitos anos! É unha marabilla! Pero coidadiño! Se entras logo é moi difícil saír co ben que se está. Esta mañá sufrín para saír á rúa. 
O rematar as compras marchamos outra vez para Gifu, onde estou agora mesmo. O día 27 volvo para Nagoia. 

Nagoia

E isto é o máis relevante destes días. (ฅ'ω'ฅ)♪

Pasade un bo Nadal e que Papá Noel vos traia moitos agasallos!
Ata logo!

16 dic 2012

Visado

Boas!
Acabo de chegar de Madrid co meu visado en man e todo listo para partir en 3 días!
Antes de me ir quería falarvos do proceso que hai que seguir ata conseguir o visado.

Como xa vos contara, cando queredes matricularvos nunha escola, faravos falta unha morea de papeis para que vos dean o visto e prace. Pero só con que a escola vos acepte non chega, é Inmigración quen ten a última palabra. A escola mandará a Inmigración os vosos datos para que vos investiguen e se non hai ningún problema nun mes e medio máis ou menos recibiredes o voso Certificado de elexibilidade. Para que volo envíen á casa, primeiro teredes que pagar as taxas da escola. (^-^)
O certificado ten esta pinta.


Ben, cando por fin chegue o papeliño á casa (tamén vos envían os títulos orixinais que mandástedes ao principio para pasar os requisitos da escola), tedes que chamar á Embaixada do Xapón (91 590 7600) ou enviar un correo a consulado@md.mofa.go.jp  e concretar unha cita para ir a Madrid a expedir o visado.

Teredes que levar con vosco:
DNI
Pasaporte
Certificado de elexibilidade
Solicitude do visado cuberta (http://www.mofa.go.jp/j_info/visit/visa/pdfs/application1_e.pdf)
Dúas fotos

Recomendan que vaias antes das 11 para telo listo ese mesmo día.
Eu paseime por alí sobre ás 10 e ás 12 e media xa o tiña listo.
O visado é unha monada. Na imaxe non se aprecia, pero ten sakuras brillantes por todas partes!



Tamén me deron un folleto con información do que teño que facer ó chegar alá. Por se queredes botarlle un ollo déixovos a ligazón: http://www.immi-moj.go.jp/newimmiact_1/pdf/NewResidencyManagementSystem-(ES).pdf


Esta é a derradeira entrada que escribo desde Galicia (polo momento, espero).
Moitas grazas a todos os que vos pasades polo blog, espero que pouco a pouco isto se vaia poñendo máis emocionante.
Para a próxima xa nos lemos desde Xapón!
Deica logo, Galicia♥