31 oct 2012

Feliz Samaín! ハッピーハロウィン!

Ola!
Feliz Samaín a todos! Disfrazástesvos?
Para min foi un día calqueira de clases toda a tarde...
Ó menos, quédame o consolo de que xa non hai clase ata a semana que vén!

Uns días atrás, facendo limpeza, atopei algo que me trouxo moi boas lembranzas: un cómic que fixen cando estaba na ESO e saíu publicado na revista da escola. Recordo que era un concurso no que había que describir o procedemento de creación das cabazas de Samaín. Ata me deran un premio e todo!

27 oct 2012

Nagoia

Como será Nagoia? Serei capaz de sobrevivir nunha cidade tan grande? Σ(゚∀゚ノ)ノ
Ultimamente teño a cabeza chea de preguntas coma estas. Deben ser os nevios de saber que cada día estou máis preto de cumplir o meu soño.

Como ata chegar alá non vos podo ensinar nada interesante, pensei en presentarvos un pouco esta cidade.
Imos aló!

21 oct 2012

Billetes de avión

Esta semana estiven buscando o billete de avión. Fun a varias axencias de viaxes de Vigo, mais non encontrei o que buscaba. Daquela, decidín contanctar con axencias especializadas en viaxes ó Xapón. Hai varias en Madrid e Barcelona. Eu consultei nestas dúas:
H.I.S. http://www.his-spain.com/index_spanish.html
Miki Travel http://viajandoajapon-miki.blogspot.com.es/

17 oct 2012

Requisitos e documentos que precisas para estudar no Xapón

Vou escribir como foi o proceso de matriculación na miña escola, ECC Nihongo Gakuin.
Non volo podo asegurar, mais supoño que en todas as escolas o procedemento será parecido.

Ben, no meu caso elixín ir a Nagoia. É unha cidade bastante grande, mais non é Tokio, onde hai moitísimas escolas de xaponés. Daquela, a miña busca e elección foi bastante rápida. Se mal non lembro só había dúas ou tres.

Elixida a escola, o que segue é cumprir uns requisitos básicos e comezar coa recolección de papéis.
Volvo a repetir que isto é o que piden na miña escola, non sei como será noutras...
           
Requisitos imprescindibles:


8 oct 2012

Comezamos!

Ola!

En tres meses marcho ó Xapón!(*˙˘˙)♥

Neste tempo antes de me ir, tiña pensado escribir un pouco sobre o proceso que hai que seguir para ir alá a estudar. Eu non tiña nin idea, menos mal que me axudou o meu mozo, que como é xaponés puido arranxar sen problemas os asuntos da escola.


Seguramente a ninguén lle interese o que escriba aquí, mais quero deixar as miñas andanzas por escrito e pensei que comezar un blog sería unha boa maneira para facelo. Non sei que me deparará o futuro, porén, supoño que as entradas contarán as miñas viaxes, curiosidades ou calquera cousa rara das que me gustan a min. Si, tocoubos unha otaku, lolita e tola da música xaponesa. Éche o que hai!

Ala, deica a próxima (^O^)/