27 dic 2012

12/27

Ola!
Hoxe definitivamente instaleime na residencia. O cuarto é súper pequeniño!
Ao principio estaba bastante nerviosa porque non coñecía a ninguén, non sabía moi ben o que facer, as normas... Os encargados non me explicaron nada.(TOT) Menos al que cando fun cear coñecín a unha rapaza súper amable que me ensinou todos os recunchos da residencia e que resulta que tamén é otaku. Que ben!  (*'▽'*) Xa podo durmir tranquila.

Por certo, cando cheguei á residencia dixéronme que había un paquete para min. Eran doces típicos de Aomori que me mandara a unha amiga que vive alí. Arigatou! ╰(*´︶`*)╯♡
Os doces xaponeses teñen unha presentación tan bonitiña que sempre me dá moita peniña comelos. (>_<。 )

Doces de mazá e de uva. 

Mañá teño o día libre, a ver se alguén quere quedar comigo para ir dar unha volta.
Por agora os plans que teño son:
O sábado 29 ir a sacar fotos cunha amiga lolita e o seu fotógrafo.
O día 30 vou a Tokyo a visitar unha amiga. Imos ir ó Comiket e ó Sumire no Tenmado! Por suposto iremos tamén a Harajuku, Akihabara e demais. Iso si que é empezar ben o ano! Morro coas ganas!
Xa vos contarei.

Mata ne! (ฅ'ω'ฅ)♪

4 comentarios:

  1. Pois xa tes bos plans para ser una recién chegada ;) haha, saca moitas fotiños!! que sabes que morremos de ganas de ver (^v^)/

    Pasao ben!! :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas! Sacarei mooitas fotos!(*´∇`*)
      Fixen unha conta en Flickr e estou subindo pouco a pouco algunhas fotos:
      http://www.flickr.com/photos/galeganoxapon/sets/72157632337837196/

      Eliminar
  2. Eu ofrecíame encantada a quedar contigo pero moito me temo que non será posible, T_T hahaha....
    Maty ten razón, fai moitas fotos que morremos por velas^^
    Pasao ben!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Oxalá que puideras vir!
      Ó final hoxe todos os meus coñecidos estaban ocupados e tiven que saír eu soa a descubrir o mundo. xD Pero non me queixo, foi un día bastante divertido.^^

      Eliminar