14 ene 2013

Seijin no hi 成人の日

Boas! Hoxe é o Seijin no hi, o día da maioría de idade. É festivo e celébrase sempre o segundo luns de xaneiro. Os rapaces que cumplen 20 anos entre o 2 de abril do ano anterior ata o 1 de abril do ano en curso son invitados a unha ceremonia que se leva a cabo nos auditorios municipais. Segundo me dixeron, teñen que escoitar un discurso moi aburrido sobre as responsabilidades que teñen que afrontar como adultos e logo xa cando acaban, van de festa cos amigos.

Algunhas destas celebracións xa foron onte. Na vila do meu mozo había unha morea de "novos adultos" súper arranxados para a ocasión. A maioría das rapazas visten furisode, unha especie de kimono coas mangas máis longas do normal.








Que riquiñas!! Eu tamén quero vestirme así. Que mágoa que eu xa me fixen adulta o ano pasado ヽ(;▽;)ノ
Os homes adoitan vestir de traxe, son moi poucos os que visten o traxe tradicional (hakama). Que mágoa! Co guapos que están!



Se queredes ver máis fotos, subín todas ó Flickr.

Por certo, o acabares a ceremonia danlles unha bolsa con algúns agasallos. Sempre quisen saber o que había dentro desa bolsa! Pregunteille a varias amigas e só unha se acordaba do que había. Segundo a zona o contido da bolsa cambia. En Sapporo danlles un bolígrafo, doces tradicionais e café. A ver se atopo a alguén máis que lembre o que había na bolsa!

Polo momento despídome. Deica loguiño! (*´˘`*)♡

7 comentarios:

  1. Pois sí que van ben arranxadiñas!! hahaha... pero moi monas todas. A min tamén me gustaría vestir así, pero convertinme en adulta fai xa 8 anos o.O e eu sen sabelo, hahaha....
    Coincido contigo, unha mágoa que os homes deixen de vestir o traxe tradicional.
    Alégrame moito leerte de novo ^^ Quedo a espera da próxima entrada xD.
    Biquiños!!

    ResponderEliminar
  2. ohhh, os kimonos roubanme o corazón, son tan bonitos...eu quero un!! haha, dende logo van todas moi monas, e os rapaces sentalle xenial!

    Bicos e apertas! :D

    ResponderEliminar
  3. Boas!! presentome, Son Vero de Barcelona, pero de pais Galegos.
    Ultimamente estou a descubrir moito galeg@ por os lares de Xapón jeje
    Seguireite con interés!!
    E disculpad se non escribo ben o Galego, todo o que sei e de falarlo coa familia ;)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Boas!! Moitas grazas por pasarte polo blog! Perdoa por tardar tanto en responder, ultimamente non teño case tempo. Espero poder renovar máis a miúdo de agora en diante. E non te preocupes, o teu galego é moi bo!

      Eliminar
  4. José Vázquez10 feb 2013, 17:16:00

    Coma xa teño dito, fantástico manter a tradición nos Concellos aportando ístes os locáis.
    É, se te decatas non é moi desomellante doutros nenos e lugares: Primeiro soportar os discursos dos maiores e logo divertirse cos amigos. Moi ben...Marabilloso fotos e vestimentas.

    ResponderEliminar
  5. Cecáis fixen o comentario un pouco fora de prazo...non?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas polo teu comentario. Non está fora de prazo, faltaría máis. Non te prives nunca de comentares.
      A verdade é que tes moita razón. Aínda que somos culturas totalmente alleas os principios básicos son os mesmos. Temos máis en común do que parece. (^^)

      Eliminar