8 ene 2013

Tokio: Día 1

Ola! Feliz aninovo!
Canto tempo sen escribir!
Síntoo, ultimamente ando moi ocupada!

Hoxe vou escribir sobre a miña mini viaxe de dous días a Tokio. (*´˘`*)

A noite do día 30 fun en bus ata Tokio. Cheguei ás 5 da mañá á estación de  Shinjuku e a miña amiga Mineko veume a recoller a pesar da hora. (;∀;) Arigatou!

Fomos ata a súa casa a deixar ás cousas e de paso durmín unha horiña porque no bus non dera durmido. Recuperadas as forzas e vestidas para a ocasión, puxémonos rumbo ó Comicket!
Por fin, despois de dez anos desexando ir, o meu soño cumpriuse! (((o(*゚▽゚*)o)))


Sempre me chamou a atención o edificio onde se celebra, o Tokyo Big Sight. Encántame!


Foi o Comicket  83 e celebrouse os días 29, 30 e 31 de decembro. Eu fun o último día e según din, é o día no que menos xente hai... Non sei como será os outros días porque aquilo estaba a rebentar Non quero nin imaxinar como será o día 29 e o 30! 




Sorprendeume bastante que non había que pagar para entrar. Xapón é xenial! Dentro había un monte de postos nos que vendían ilustracións, doujinshis, cds, etc. É un pouco lioso buscar un posto en concreto. Para non vos perderes recoméndovos mercar a guía do Comicket que venden na entrada. Trae mapas e información de todos os postos. ^^
Por certo, gravei un vídeo no interior, pero a calidade é pésima e eu estaba atenta a outras cousas así que nin sequera sabía o que estaba a gravar. (><) Para á próxima esforzareime máis!


Merquei un CD (que aínda non puiden ver porque o meu ordenador non ten lector de CD) con ilustracións dun mangaka que coñecín polo Twitter. Chámase Gothic Frill. A temática é moi lolitosa, botádelle un ollo. Despois de falar un pouco co mangaka, fomos ós postos de música e coñecín en persoa a un guitarrista famoso do Youtube, Hidenori (Hellman ou Jigokuotoko). Coñecédelo? É amigo de Mineko así que puiden falar con el e regaloume o seu CD e o calendario que vendía. (*´˘`*)♡


Pero, sen dúbida o que máis me gustou do Comicket foron os cosplays. Só se podía sacar fotos dos cosplayers fora do edificio. Podedes ver todas as fotos que saquei na miña conta de Flickr.





 

Ás tres da tarde marchamos. O tren estaba cheísimo! Pensei que morría! Tokyo é un mundo a parte! Volvemos a Shinjuku e comemos takoyaki (๑´ڡ`๑)


Pola tarde fomos ó Sumire no Tenmado, a cafetería das Kokusyoku Sumire. Desgraciadamente pecha pasado mañá, o día do seu sétimo aniversario. Daquela, tiña que ir si ou si! 




Paseino moi ben! Yuka e Sachi acordábanse de min de cando viñeran a Vigo e ademais tiñan colgados na parede dous debuxos meus! (((o(*゚▽゚*)o))) Falamos un montón, coñecín a xente nova, comín soba e bebín por primeira vez shouchuu. Ese día había festa ata o día seguinte porque era fin de ano, pero eu estaba moi cansada da viaxe en bus e volvín cedo para casa. (;∀;). Un final un pouco soso pero estaba rebentada.

E ata aquí o día 31 de decembro. A próxima entrada será sobre o día 1! Espero poder renovar decontado!

Mata ne! ╰(*´︶`*)╯♡


6 comentarios:

  1. Cantas cousiñas fiseches! E como mola o local de sumire no tenmado, a proxima vez que vaia a Tokio quero ir!! (>_<) apuntado! haha

    Un bico!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É unha mágoa pero o sumire no tenmado pechou o pasado xoves (>_<) Fixen esta mini viaxe máis que nada por ir antes de que pechara. (;∀;)

      Eliminar
  2. Wow~~ parece que estás a aproveitar moi ben o tempo, non me sorprende que no poidas escribir moito por aquí haha así que estouche moi agradecida por todo o que nos contas dende ahí ><
    Segue a disfrutar e eu seguirei disfrutando lendo as túas aventuras.
    Por certo, dame moita envexa ver cantos amigos tes no Xapón >_< eu non son capaz de facer amigos tan fácilmente T_T, hahaha... Como exemplo, un dos días que estivemos en Tokio Xoan e eu quisemos ir a un karaoke, como só os dous nos sería tan divertido sentámonos un ranto frente a porta con intención de acoplarnos a algún grupo pero ó final marchamos se ser nin sequera capaz de acercarnos a ningún haha
    Bicos!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. hahaha creo que o meu é un pouco diferente! Eu son unha persoa moi tímidadaquela, primeiro sempre fago amigos por internet e logo se conxeniamos xa quedo con eles. ^^ Eu aínda non fun a un karaoke! Quero ir!!

      Eliminar
  3. Hola!!

    Espero que no te importe que comente en castellano...ya que poder puedo entender el gallego pero no escribirlo.
    Vi que habías escrito una entrada sobre medicamentos y quería preguntarte una cosa, ya que si todo va bien en un par de meses yo también debería irme para allá una temporada.
    Si yo necesitase tomar unas pastillas durante bastante tiempo...cómo lo hago? le pido al médico un justificante en inglés y luego...?
    quiero decir, si necesito comprarlo en Japón?
    Oh! por cierto, los takoyakis me gustan mucho jajaja
    y las fotos que han puesto son geniales! nunca he ido a un evento así y me ha sorprendido que fuera sin pagar...

    Nos vemos!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola!
      Gracias por leer el blog!

      No sé muy bien si aquí se pueden conseguir los medicamentos que hay en España... Yo lo que hice fue pedirle a mi médico de cabecera que me recetara los medicamentos para todo un año. Así ya los compras en España y te los traes para aquí. Lo del justificante es por si en el aeropuerto te abren la maleta y te dicen algo. (No suele pasar, pero nunca se sabe) Si fuera el caso, tendrías que justificar que esos medicamentos son para uso propio.

      Nunca he comprado medicamentos ni he ido al hosptial todavía así que no puedo decirte como va el sistema aquí. Lo siento.



      Eliminar