Ah~Como vou botar de menos esas ceas familiares con marisco e cousas ricas!
Menos mal que trouxen comigo turrón Suchard e algunha que outra cousiña.
Estes días estiven tan ocupada que nin tempo a renovar o blog tiven. Hoxe por fin se relaxou a cousa e teño tempo de escribir. Alá vai un resumo destes días☆
Despois dunha longa viaxe de dous días, aterrei por fin en terras nipoas o venres pola mañá.
Vista de Nagoia
O meu mozo viu recollerme ó aeroporto. Xa había tres meses que non o vía.( ˘ ³˘)♥
Despois de descansar un pouco partimos cara o centro da cidade. Eu ía fascinada vendo a paisaxe e as casas tradicionais xaponesas. En 20 minutos chegamos ó centro.
A miña escola
Ramen
Cando rematamos todo, puxémonos rumbo a casa do meu mozo en Gifu, a unha hora máis ou menos de Nagoia. É unha vila e non hai moitas tendas, pero como eu estou acostumada a isto, gustoume moito. Non sei se me darei afeito a unha gran cidade.(>_<。 )
Estaba derreada, daquela durmín ata a noitiña. Logo fun cear e a dar unha volta. Preto do apartamento había unha especie de auditorio cun xardín con decoración do Nadal.
Gifu
O apartamento onde vive o meu mozo é bastante amplo, non como a meu cuarto da residencia que é super pequeniño! Pero non me poido queixar; por ese precio non ía atopar nada mellor. Ademáis inclúe a comida.
Por certo, o apartamento ten washlet, un váter que está quenciño cando sentas e se queres límpache o cú cun chorro de auga. Σ(゚д゚lll)
------------------------------------------------------------
O sábado quedei cunha amiga de Nagoia. Despois de pasear un pouco fomos comer (os xaponeses comen arredor das 11 e media ou 12). Unha amiga recomendáralle unha cafetería e alá fomos. Na mesa do lado estaban a tomar pasta e pareceume que tiña tan boa pinta que foi o que pedín. Cando comecei a comer todo ía ben, estaba boísimo, pero axiña me din de conta de que lle faltaba algo... non tiña carne! Era só pasta e a salsa! Quedeime bastante estrañada pero parece que é normal.
Pasta con salsa de tomate e mozzarella
Cando rematamos de comer fomos a unha zona que se chama Osu, que é algo así como o Akihabara de Nagoia. Había maid cafes, tendas de figuras de manga e anime, tendas de merchandising dos Johnny's, etc... Atopei tamén unha tenda de ropa lolita de segunda man. Para quen non o saiba, a ropa lolita é súper cara, un vestido pode custarche entre 250-400 euros. Despois de remexer un pouco atopei un vestido da marca BABY THE STARS SHINE BRIGHT que me gustou e merqueino por 6000 iens, uns 60 euros. Que vos parece?
Vestido de BABY THE STARS SHINE BRIGHT
Purikura con Mayumi e o meu mozo
Como tiña que mercar e facer aínda moitas cousas despedímonos de Mayumi cedo e marchamos a un centro comercial. Mercamos un montón de cousas para o meu cuarto e para o apartamento. Farei especial mención a que mercamos un kotatsu, algo que quería dende había moitos anos! É unha marabilla! Pero coidadiño! Se entras logo é moi difícil saír co ben que se está. Esta mañá sufrín para saír á rúa.
O rematar as compras marchamos outra vez para Gifu, onde estou agora mesmo. O día 27 volvo para Nagoia.
Nagoia
E isto é o máis relevante destes días. (ฅ'ω'ฅ)♪
Pasade un bo Nadal e que Papá Noel vos traia moitos agasallos!
Ata logo!


Como molaaaaa. Que envexa xD Tes que empezar a facer videos, que queremos ver cómo é todo iso xD
ResponderEliminarEu aínda non entendo cómo non se exportaron os kotatsus....
hahaha vou tentar facer un vídeo, a ver como queda.
EliminarCando volva para España voume levar un kotatsu comingo como sexa xD
Joer, costoume recoñecerte nas fotos do Purikura, xa te mimetizaches coas xaponesas xD (bueno, creo que xa ibas mimetizada de casa...).
ResponderEliminarComo mooooola! Que ben o tes que estar a pasar! Raaa~amen! Que envexa e que... agh, que todo!
hahaha! Non me recoñeciches porque nos purikura póñenche unha cara moi rara con ollos xigantes xD
EliminarIsto é xenial, moito mellor do que pensaba. Sabes que me dixeras que os xaponeses fuxían dos estranxeiros? Pois, onte fun a un centro comercial eu so a inspeccionar o que había nunha tenda tipo mediamarck e, a cada cousa que me achegaba xa viña un fulano a falarme e a dicirme cal era o mellor modelo xDDD E eu só quería ver e non me deixaban tranquila. Fíxome moita gracia.
Ola, Carla! Que ben poder ver como che vai =) Alégrome moito por ti, todo pinta moi emocionante! Un bico
ResponderEliminarOla! Eu emocionome ata co máis insignificante xD
EliminarQue tal foi todo? Descansa moito que o mereces. Bicos( ˘ ³˘)♥
Perdón pola tardanza! Ata hoxe non me deixaba. Pois eu máis ou menos, algo cansiña pero aliviada por rematar (aínda que teño que facer un traballo para a volta ¬¬). Un bico grande e sigue emocionándote, que iso é bo! <3
Eliminarwooo, ao fin as primeiras fotiños!! que ben,así podemos facernos unha idea de cómo é Nagoia :)
ResponderEliminarQue teñas unhas felices festas,seguro que o pasas de medo!!
Un bico!! ^^
Que bágoa que non tiven tempo de sacar fotos da iluminación de Nadal. A ver se cando volva aínda non a quitaron.
EliminarIgualmente, felices festas♪ヾ(●'∀'●)ノ♪
Kya~~~ primeira entrada dende Xapón ><
ResponderEliminarEncántame todo, recordasme tanto a cando fun eu no verán. Eu tamén era coma una nena pequena ilusionándome con cada cousiña, hahaha...
Espero que poidas ter tempo de escribir moito por aquí porque léndote é como se viaxara un pouco eu tamén a Xapón, ainda que morra de envixa, haha..
Segue disfrutando moito.
Bicos~~