16 dic 2012

Visado

Boas!
Acabo de chegar de Madrid co meu visado en man e todo listo para partir en 3 días!
Antes de me ir quería falarvos do proceso que hai que seguir ata conseguir o visado.

Como xa vos contara, cando queredes matricularvos nunha escola, faravos falta unha morea de papeis para que vos dean o visto e prace. Pero só con que a escola vos acepte non chega, é Inmigración quen ten a última palabra. A escola mandará a Inmigración os vosos datos para que vos investiguen e se non hai ningún problema nun mes e medio máis ou menos recibiredes o voso Certificado de elexibilidade. Para que volo envíen á casa, primeiro teredes que pagar as taxas da escola. (^-^)
O certificado ten esta pinta.


Ben, cando por fin chegue o papeliño á casa (tamén vos envían os títulos orixinais que mandástedes ao principio para pasar os requisitos da escola), tedes que chamar á Embaixada do Xapón (91 590 7600) ou enviar un correo a consulado@md.mofa.go.jp  e concretar unha cita para ir a Madrid a expedir o visado.

Teredes que levar con vosco:
DNI
Pasaporte
Certificado de elexibilidade
Solicitude do visado cuberta (http://www.mofa.go.jp/j_info/visit/visa/pdfs/application1_e.pdf)
Dúas fotos

Recomendan que vaias antes das 11 para telo listo ese mesmo día.
Eu paseime por alí sobre ás 10 e ás 12 e media xa o tiña listo.
O visado é unha monada. Na imaxe non se aprecia, pero ten sakuras brillantes por todas partes!



Tamén me deron un folleto con información do que teño que facer ó chegar alá. Por se queredes botarlle un ollo déixovos a ligazón: http://www.immi-moj.go.jp/newimmiact_1/pdf/NewResidencyManagementSystem-(ES).pdf


Esta é a derradeira entrada que escribo desde Galicia (polo momento, espero).
Moitas grazas a todos os que vos pasades polo blog, espero que pouco a pouco isto se vaia poñendo máis emocionante.
Para a próxima xa nos lemos desde Xapón!
Deica logo, Galicia♥



5 comentarios:

  1. Polo que miro, o complicado non he conseguir exactamente o visado, senon o certificado de elexibilidade, haha.
    Agora sí, nos che queda naaaadaaaa!!!
    Encántame o visado, e non puiden evitar sentir un pouco de envexa o mirálo, haha. Por cierto, he curioso, ainda que pon duración de 1 ano e 3 meses a data de expiración pon "marzo 13", non tería que ser "marzo 14"??
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Si, a verdade é que sen o certificado non fas nada. hahaha
    O do da duración non é que estea mal senon que tes 3 meses para entrar no país antes de que che caduque o visado. Se entraras en abril xa non che serviría ese visado.
    Faltan tres días e aínda non mo dou crido. Supoño que non o asimilarei ata que realmente estea alá. haha
    Bueno, coídateme moito. Se ves ao Xapón venme dar unha visita, eh!

    mata ne (^O^)ノシ

    ResponderEliminar
  3. Agora si que xa é definitivo!! Todo o papeleo feito xusto a tempo, que nervios pasaches ehhh!! :)
    Que teñas unha moi boa viaxe, e xa escribirás cando poidas dende Xapón!! (^v^)/

    Bicos!!

    ResponderEliminar
  4. Buff, non sabes os nervios que pasei! Ademais que eu estrésome moi facilmente e póñome sempre no peor. Menos mal que saíu todo ben.

    Esperote no Xapón! Venme dar unha visita a Nagoia! (^O^)/

    ResponderEliminar
  5. Carla!! pásao moi ben por eses mundos jaja
    xa irás contando que tal eh!!

    ResponderEliminar