19 feb 2013

O castelo de Inuyama 犬山城


A cidade de Inuyama pertence á prefectura de Aichi e linda coa prefectura de Gifu. Dende Nagoia tárdase 35 minutos máis ou menos en tren.

O castelo está situado no cume dun pequeno monte a carón do río Kiso. Dende o mirador do último piso hai unhas vistas espectaculares!

Na entrada atopámonos cunha rocha na que está escrito "Castelo de Inuyama, tesouro nacional", e que este é o castelo máis antigo que queda en pé en todo o Xapón! 
Foi construido en 1537 por Oda Yojirou Nobuyasu. O castelo cambiou de dono consecutivamente ata que en 1871 foi parcialmente derribado, quedando soamente os muros de pedra. En 1961 comezou a súa reconstrucción e convertiuse en tesouro nacional.


Na ladeira do monte, antes de chegar ó castelo, hai un templo sintoísta.




O que máis me chamou a atención foron os ema, unhas tabliñas de madeira nas que escribes os teu desexos, porque tiñan forma de corazón! (*´︶`*) ♡ 

Pasando o templo chegamos á porta do castelo. A entrada ó recinto custa 500 iens. 
Entras e de súpeto tes diante este fermosísimo castelo!!

A diferenza doutros castelos como o de Nagoia ou o de Gifu, que están totalmente renovados por dentro, a estructura interna do castelo de Inuyama segue sendo a orixinal.

Antes de entrar hai que quitar os zapatos e poñer unhas zapatillas que che emprestan. 
As escaleiras son moi empinadas e as zapatillas esvaran. Un ancián caiu durante a visita. (><)
Non fixen moitas fotos dentro, perdoade.



O castelo conta con 3 plantas e un miradoiro con balcón. Nunha das plantas hai expostas armaduras, katanas, armas diversas e algunha que outra vestimenta de época.
As vistas desde o miradoiro son o mellor, sen dúbida!



  
Foi un día moi divertido. Á saída había un ninja co que podías tirar fotos. Collín un shuriken (estrela ninja) por primeira vez! ヽ( 'ω')ノ卍


Deica a próxima!!

7 comentarios:

  1. Moi chulo!! eu visitei o de Matsumoto e foi una pasada!!
    gostanme moito os castlos xaponeses, o problema e que sem reconstruir hay poucos.

    A ver si acaban xa de renovar o de Himeji U.U faiseme eterno jaja

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A min tamén me encantan os castelos! Ata agora xa fun a 3 pero quero visitar moitos máis! (*´︶`*) ♡

      Eliminar
  2. wau!!! sugoi! encantaronme as fotos! a min tamén me encantan os castelos xaponeses, teñen una maxia e un encanto misterioso :D espero poder visitar este tamén algún dia ^^

    biquiños linda! :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tes que ir! Non sei moi ben como expresalo pero ten algo especial. (*´˘`*)♡

      Eliminar
  3. Moi chulo!

    Interesante o feito de que sexa o máis antigo de Xapón.

    En Sendai o castelo está totalmente destruído. Só queda o "Sitio do Castelo".

    A ver se podo escaparme por aí a ver o de Matsumoto ou o de Himeji, porque este quédame algo lonxe. ;)

    Apertas!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que mágoa que non te podas pasar por aquí. (T__T)
      Eu tamén devezo por ir o castelo de Himeji! Espero poder visitalo algún día.

      Eliminar
  4. Ala!! Qué chulo!!!
    Encantoume a entrada. As fotos son fermosas e iso que nunca é o mesmo unha foto que velo cos teus propios ollos.
    Biquiños!!

    ResponderEliminar