14 feb 2013

Feliz día de San Valentín! ハッピーバレンタインデー!

No Xapón o día de San Valentín é unha data moi importante para as rapazas. Ao contrario que en Europa, onde normalmente regalamos tanto as mulleres como os homes, no Xapón o habitual é que só as rapazas regalen. E pensaredes, que inxusto, non? Non ho! E que o día 14 do mes que ven, o White Day,  tócalles ós homes regalar.  (。•v•)๗♡๒(•ε•。)

Seguro que xa o sabedes, pero no Xapón hai varios tipos de bombóns. Por exemplo:

Honmei choko 
Dánselle á persoa que che gusta, mozo ou marido. Segundo unha enquisa só o 25% de todos os bombóns que se regalan son honmei choko. ΣΣ(゚д゚lll)

Giri choko
Os bombóns de cortesía. Repártense entre compañeiros de traballo, persoas as que lles queres agradecer algo, etc... Aínda que llo regales a un home non ten ningún matiz amoroso nin nada polo estilo. Son o 39%.

Tomo choko
Para os amigos, compañeiros de clase, etc...
Hoxe catro compañeiras regaláronme bombóns. (*´︶`*) ♡

Gyaku choko
Ultimamente algúns homes tamén regalan ás mulleres, pero non é moi habitual.

É estes son os principais, aínda hai máis! 

Dende xaneiro os supermercados están ateigados de bombóns de fabricantes de todo o mundo, hai exposicións dedicadas só a bombóns... Un mundo a parte! (´◦ω◦`)

Entre a xuventude é máis típico facer a man os bombóns, e eu non ía ser menos!
Fíxenos coas compañeiras da residencia. Eu non tiña nin idea, menos mal que me ensinaron como facer. A ver onde ía eu soíña xD Foi moi divertido. Estoume a plantear facer algo así máis a miúdo e todo. (*´˘`*)♡


 Para comezar fixen bombóns con forma de corazón e semiesféricos.

Mais, o meu obxectivo principal era facer rosas de chocolate. Unha meta moi grande para alguén que non fixo un doce na súa vida! xD Pero grazas a axuda de Sze Yu conseguino.

Sze Yu é unha crack! Mirade que flores de chocolate fixo!
 Que boa pinta! (๑´ڡ`๑)

Et voilà! Estes son os meus bombóns. Non quedaron perfectos pero esperaba moito menos a verdade. ヾ(*´∀`*)ノキャッキャ 



E vós, que plans tedes para este día de San Valentín?

10 comentarios:

  1. Qué monos!!!! ><
    Eu este ano volvinme a animar a facer bombóns, xa ensinarei alguna foto do resultado no meu blog más tarde, pero non sei eu como quedaran (todavía os teño nos moldes). Ainda que facelos con alguén seguro que he moito máis divertido que facelos sola, hahaha.
    Biquiños^^

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xa vin as fotos! Que pasada!
      Os de One Piece encantáronme (*´˘`*)♡

      Eliminar
  2. Como me gusta o espiritu de san valentin en Xapón!! é moito máis bonito e ten máis valor o de facer chocolate un mesmo e non o de compralo, sobre todo se é para alguén especial, jiji ^^
    Por certo, qué arte!! quedaronche moi bonitiños!!! :D

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Arigatou(*´˘`*)♡
      Eu tamén opino o mesmo. Se de amor se trata, valen máis uns bombóns feitos a man que os bombóns máis caros do mercado, non si?

      Eliminar
  3. Madre que boa pinta teñen eses bombons!!!
    eu non celebro San valentin, pero como somos frikis, teño pensado intentar facer algo con chocolate pa darlle ao meu mozo e aver que cara pon jajaja

    A ver si o mes que ven, tamen recibes chocolate ;)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas!! (*´艸`)♡
      Seguro que o teu mozo se alegra un montón se lle regalas uns bombóns feitos a man. ^^

      Eliminar
  4. Carla! =D Que alegría que actualices!! Estábame preocupando!
    Que boa pinta teñen, que artista. Se fora eu xa verías que churros jaja
    Espero que todo ben entón.

    Un abrazo moi grande!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Perdoa!! Estiven moi ocupada ultimamente. :'(
      Pero todo vai perfectamente, non te preocupes!

      Espero que ti tamén estés ben.
      Bicos!

      Eliminar
    2. Eu si, tirando, coma sempre. Un pouco asustada este cuatrimestre con todo o traballo que hai, pero ben =).

      Biquiño ^^

      Eliminar
  5. Pois dirás o que queiras, pero eu creo que che quedaron moi ben... Eu que non teño talento ningún para a cociña... Polo menos desde o punto de vista estético, XD

    Moitos xaponeses a quen regalarllos?

    Que os estranxeiros (homes) non somos os únicos que chamamos a atención, tamén vós, as mulleres eh!

    Bicos!

    ResponderEliminar