26 nov 2012

De viaxe por Galicia con Yui

Ola!
Por fin teño unha aventura que contar!

O venres veume visitar Yui, unha amiga xaponesa que está a estudiar en Barcelona. En febreiro xa regresa ao Xapón e quería vir a Galicia antes de se ir. Daquela, ofrencinme encanta a ensiñarlle un pouco esta fermosa terra.

O venres pola mañá fun ao aeroporto de Vigo a recollela. Sorprendeume o ben que falaba o español! Seica xa o estudara 2 anos no Xapón e que veu á Universidade de Barcelona a facer terceiro de Xeografía. A verdade é que non mo esperaba, pero tróuxome unha chea de doces e larpeiradas xaponeses. (Esquecera que aos xaponeses encántalles facer agasallos xD).


Despois de presentarlle aos meus pais, puxémonos rumbo a Cangas para que se instalase. Dimos unha volta polo centro da vila e de paso xa xantamos na casa (miña nai fixo unha empanada de polbo boísima (๑´ڡ`๑)♥). Ao rematar, collimos o barco e fomos ata Vigo. Paseamos un pouco polo casco vello e fomos ao Castro.
Yui quería ver como aprendemos xaponés os españois, daquela leveina a unha clase de xaponés da Escola de Idiomas. Foi moi divertido. Os meus compañeiros estiveron falando con ela e facéndolle moitas preguntas. (^o^)
Ao rematar a clase fomos mercar os ingredientes para facer okonomiyaki e, de paso, mercamos tamén castañas asadas. Estaban moi ricas! Logo, collimos o barco de volta a Cangas e ao chegar puxémonos a preparar okonomiyaki. Quedounos moi bo!


O sábado tiñamos planeado ir a Santiago. Fomos un pouco tarde porque pola mañá cedo caían chuzos de punta. Collemos o tren ás 12.15 e chegamos a Santiago á 1.30 máis ou menos. Morriamos coa fame, daquela fomos directas a xantar. (●´﹃`●)
Yui quería probar o famoso polbo á feira e eu recomendeille probar tamén as navallas. De entrantes puxéronnos pementos de padrón con tortilla de patacas e dous mini bocadillos de xamón. Que marabilla! Como vou botar de menos estas comidas...ヽ(;▽;)ノ
Por suposto tamén comimos torta de Santiago e, ademais, merquei outra para levar ao Xapón e comela cando me entre a morriña.



Antes de entrar na catedral, expliqueille a Yui o da Árbore das ciencias e quiso probar a ver que lle saía. Non lle foi moi ben, pero foi divertido. (≧∇≦)


A catedral e o parque gustáronlle moito. A verdade é que Santiago é unha cidade fermosísima. Gustaríame vivir unha tempanda aquí. (♥˙︶˙♥)


O tempo pasou voando e cando nos demos de conta xa tiñamos que marchar. Na estación vin a Xúlio Abonjo! (((o(*゚▽゚*)o))) Queríalle pedir un autógrafo pero co tímida que son non fun capaz. Ao menos, fíxome moita ilusión ver un famoso en persoa. (*゚▽゚*)

E chegou o domingo, o día da despedida. Pola mañá fomos a Cabo Home. Ía moito frío, mais creo que pagou a pena ver esas vistas. O mar é moi perigoso aí, e máis nun día como o de onte, que había unhas ondas enormes, e aínda así había xente a pescar... (> <).
De volta pasamos tamén a ver o Cruceiro do Hío.


Xantamos cocido galego! Por suposto encantoulle tamén.
Pola tarde antes de ir ao aeroporto fomos ata Baiona a visitar o parador e a Virxe da Rocha.



E ata aquí a viaxe. Yui díxome que lle encantara Galicia e que ía volver. Eu disfrutei tanto ou máis que ela, xa había tempo que non facía unha viaxeciña. Moitas grazas por vir, Yui!♥

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xa queda moi pouco para me ir. Aínda non me mandaron o Certificado de Elixibilidade, ando un pouco preocupada. En teoría tiña que chegar a finais de novembro. E esta semana remata novembro... Espero que chegue pronto e non ter que retrasar o voo.

Mata ne (^-^)ノシ

4 comentarios:

  1. Estou segurisima de que Yui vai repetir,fiseches unha moi boa ruta con ela :)

    E que nervios xa,non?dentro de nada xa estás escribindo entradas dende Xapón! :D

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Espero que volva, porque hai miles de sitios por ensinarlle. ^^
      Quero que chegue xa o día!!! A ver se me mandan o Certificado de elixibilidade pronto! (>_<)

      Eliminar
  2. Moi boa ruta!! Certamente Galicia ten milleiros de fermosos rincóns. Eres unha boa guía turística, seguro que Yui volve algún día xD.

    É normal que estés un pouco preocupada pero a Novembro todavía lle quedan 3 días, seguro que te chega o certificado sen problemas ^_~

    Bicos~~

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A ver se volve. ^^ Polo menos espero que lle fale a xente sobre Galicia e facela máis famosa por Xapón. xD
      Hoxe tampouco houbo noticias do certificado (T__T) A ver se mañá hai sorte.
      (*˙˘˙)♥

      Eliminar