3 nov 2012

Petos xaponeses

Ola!
Hoxe a cousa vai de xaponesadas!

Os primeiros petos dos que vos vou falar son os Bankman (バンクマン), dous petos falantes que che axudan a aforrar 10.000 iens (100€) ou 50.000 (500€) respectivamente.


O de 10.000 iens chámase Soushokukei (草食系), herbívoro en xaponés. É verde e acepta só moedas de 100 iens. Está deseñado para a xente que non ten a vontade suficiente para aforrar unha cantidade demasiado elevada. O outro, de cor laranxa, é Nikushokukei (肉食系), carnívoro en xaponés. Debes meterlle moeadas de 500 iens ata aforrar 50.000.
Para que cumpras o teu obxectivo o peto fálache e anímate a seguir botando moedas.

Traducín o anuncio destes petos para que vos fagades unha idea. (Se non se ven os subtítulos, premede no botón "subtítulos" do Youtube para activalos).

Son unha pasada, non si? Se ata che fan compañía e todo! A min encántanme.

O seguinte namoroume polo kawaii (curriño) que é. (*˙˘˙)♥
O Itazura BANK (いたずらBANK), é un gatiño metido nunha caixa que recolle as túas moedas coa patiña. Hai varios modelos para elexir, entre eles tamén cadeliños e pandas. Podedes ver todos aquí: http://www.shine-jp.com/contents/shinki/shinki-goods4.html



O Dagashiya gemu (駄菓子屋ゲーム貯金箱), literalmente xogo da tenda de doces, é unha recreación dun dos xogos que soía haber nalgunhas tendas do Xapón. Seméllase un pouco ó pinball, non credes? Supoño que o obexctivo será engancharse ó xogo e conseguir unha boa cantidade de aforros.



Continuando cos xogos, este peto é perfecto para os apaixoados dos videoxogos porque inclúe un RPG. Chámase BANKQUEST (貯金伝説 バンククエ).



E por último, un peto que ten bastante fama pero que a min dame moito noxo. (๑> ₃ <)
É o Facebank (フェイスバンク), unha cara que traga moedas. Mete un barullo que non é normal...



Que vos parecen? Mercariades algún?
Eu mercaría o Bankman ou o Itazura Bank. A ver se así dou aforrado dunha vez!

Ata loguiño!



4 comentarios:

  1. hahaha, que risas!! Eu compraría o primeiro, que fala moito e gústoume :D

    Ti si que vas necesitar dun bankman destes cando esteas no Xapón, con todo kawaii que hay alí...tes que ser forte pra non comprar todo, xa verás haha ;)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xa che digo! Que perigo! Espero poder controlarme xD

      Eliminar
  2. hahaha.... estos xaponeses si que saben xD
    A min gustáronme os mesmos que a ti. O gatiño é moi kawaii e eu adoro os gatos. Pero creo que bankman é a mellor opción, é bo ter a alguén insistindo para que non te esquezas de botar unha moediña cada día, haha

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. hahaha! Pois estou por mercar o bankman vexetariano cando chegue alá. Se o merco xa subirei un vídeo fedellando nel. xD

      Eliminar