19 nov 2012

Levar medicamentos ao Xapón

Ola!
Falta só un mes para partir ao Xapón! ヾ(*´∀`*)ノキャッキャ

Hoxe vouvos falar de algo que estiven a investigar ultimamente: como levar medicamentos ao Xapón. Se por desgraza vós tamén tedes que tomar menciñas, interesaravos esta información.

O primeiro que debedes facer é asegurarvos de que o medicamento en cuestión non estea prohibido alá.  A pseudoefedrina (inhaladores), a codeína (presente nalgúns medicamentos para a tos) e algúns analxésicos están prohibidos. Podedes preguntar na embaixada para máis detalles.

Logo, precisades falar co voso médico para  que vos redacte un xustificante en inglés conforme eses medicamentos son para ti. E, en teoría, só che faltaría que che recetase as menciñas e compralas.
Lembrade levar o xustificante durante toda a viaxe convosco por se xorde algún problema na aduana.

Cambiando de tema... teño que ir mercando cousiñas para levar para alá... Os que xa estivestes no Xapón, que me recomendades levar que non se atope facilmente en terras nipoas?

Ah! Esta semana venme visitar unha amiga xaponesa que está a estudar en Barcelona e quería coñecer Galicia antes de volver ao Xapón. Daquela, este sábado vou a Santiago despois de moito tempo. Encántame esta cidade. É tan fermosa. (*˙˘˙)♥ Non podía marchar sen ir por última vez.
Xa vos contarei que tal.

Mata ne! (^-^)ノシ

4 comentarios:

  1. Cantos mas medicamentos leves mellor, eu pillei unha gripe alí e os medicamentos son moi fouxos :S

    E do resto, o que máis votei de menos foron as miñas queridas pipas de toda a vida xD a próxima vez que vaia levarei un cento de paquetiños, haha :)

    Que pouquiño queda, dentro de nada xa estás a preparar as maletas ^^

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que boa idea o das pipas! Alí pensan que é comida para ratos xD O que xa merquei foi tarta de Santiago para comer cando me entre a morriña xD

      Eliminar
  2. Un mes pasa voando, cando te queras dar conta xa estarás alá.

    No meu caso, aínda que só estiven 15 días, o que votei de menos foi algo para as picaduras de mosquito. Supoño que ese problema e só no verán pero de verdade foi desesperante, tiña as pernas cheas de picotazos co picor que iso supoñe. Así que recoméndote levar algo para iso se es propensa a que che piquen.

    Mi madriña, só un mes ><

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E non vendían repelentes alá? Que raro! Pois levarei tamén. ^^ Graciñas por mo recordar!

      Eliminar