Ola!
En tres meses marcho ó Xapón!(*˙˘˙)♥
Neste tempo antes de me ir, tiña pensado escribir un pouco sobre o proceso que hai que seguir para ir alá a estudar. Eu non tiña nin idea, menos mal que me axudou o meu mozo, que como é xaponés puido arranxar sen problemas os asuntos da escola.
Seguramente a ninguén lle interese o que escriba aquí, mais quero deixar as miñas andanzas por escrito e pensei que comezar un blog sería unha boa maneira para facelo. Non sei que me deparará o futuro, porén, supoño que as entradas contarán as miñas viaxes, curiosidades ou calquera cousa rara das que me gustan a min. Si, tocoubos unha otaku, lolita e tola da música xaponesa. Éche o que hai!
Ala, deica a próxima (^O^)/
Así me gusta, para que me entere eu do que fas por alí xD
ResponderEliminarVouche trolear o blog todo o que poida xD
Trolea todo o que queiras. Sempre serás benvido por aquí xD Xa teño localizadas as tendas frikis da cidade. Vai facendo a lista de todo o que queiras que che compre!
EliminarDe lista nada, cando vaias disme o que hai e xa.... xD
EliminarInterésame a min!!!!!!!!!!!!! ><
ResponderEliminarNo sabes a alegria que me acabo de levar o descrubir que creaches un blog para ternos informados xD
Ainda que tamén sei que che voy ter moita envexa, lol.
PD: é triste pero, no sabes como me costou escribir en galego U_U
Moitas grazas! Eu que pensaba que ninguén ía leer o blog e xa teño dous comentarios o primeiro día!
EliminarAínda teño que deixar o blog bonito, seguir o teu blog e o de outra xente... Teño moito por facer xD
Polo que dis de que che costou escribir en galego é un dos motivos polos que decidín facelo en galego. Se non practicara en tanto tempo ía perder todo o aprendido (><)