31 oct 2012

Feliz Samaín! ハッピーハロウィン!

Ola!
Feliz Samaín a todos! Disfrazástesvos?
Para min foi un día calqueira de clases toda a tarde...
Ó menos, quédame o consolo de que xa non hai clase ata a semana que vén!

Uns días atrás, facendo limpeza, atopei algo que me trouxo moi boas lembranzas: un cómic que fixen cando estaba na ESO e saíu publicado na revista da escola. Recordo que era un concurso no que había que describir o procedemento de creación das cabazas de Samaín. Ata me deran un premio e todo!

Daquela eu quería ser mangaka! Que tempos aqueles! E que voltas dá a vida.
O meu xaponés era moi pobre... Pero hoxe por primeira vez teño a versión en xaponés dun dos meus cómics.
Ala, déixovos tanto a versión orixinal en galego coma en xaponés.
Facede clic nas imaxes para velas en grande.

Galego
Xaponés 日本語

Non é gran cousa pero facíame ilusión compartilo aquí tamén.
A ver se me poño a debuxar un día destes, que teño o asunto moi abandonado.

Veña, pasádeo ben nesta noite de Samaín!
おやすみ!

4 comentarios:

  1. Haha, gustoume o cómic, sobre todo a cabaza final, moi psicodélica xD

    bicos!!! (^3^)/

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas! (♥≧3≦)♥♥
      Recordo que daquela quedara abraiada cun manga de terror que se chama Uzumaki, a maldición das espirais, super psicodélico, non sei se o coñecerás.
      Entón, ocurréuseme crear unha cabaza con decoración "uzumaki" xD

      Eliminar
    2. hahaha, si que o coñezo! e a cabaza recordoume o manga, pero non pensei que ti tamén o coñeceses, non é moi popular, haha xD

      Eliminar
    3. Pois a verdade é que non hai moita xente que o coñeza. Que casualidade! (((o(*゚▽゚*)o))) A min sóenme gustar cousas pouco comúns. O 90% dos mangas que teño son de terror, e xa non che digo se falamos de películas xD

      Eliminar