21 oct 2012

Billetes de avión

Esta semana estiven buscando o billete de avión. Fun a varias axencias de viaxes de Vigo, mais non encontrei o que buscaba. Daquela, decidín contanctar con axencias especializadas en viaxes ó Xapón. Hai varias en Madrid e Barcelona. Eu consultei nestas dúas:
H.I.S. http://www.his-spain.com/index_spanish.html
Miki Travel http://viajandoajapon-miki.blogspot.com.es/



O final optei por mercar o meu billete en H.I.S.
Recoméndovola porque teñen moi boas ofertas, traballan con moitas compañías aéreas, o persoal é moi atento, responden os correos rapidamente e resólvenche calqueira dúbida que podas ter.

Partirei a Nagoia o día 20 de decembro. (((o(*゚▽゚*)o))) Só faltan dous meses!
O final, adiantei un pouco a data porque se ía en xaneiro complicábase todo: os billetes están moito máis caros nesa época, no Xapón son as vacacións por autonomasia, polo tanto o persoal da residencia non está e tería que aloxarme nun hotel, etcétera, etcétera.

Espero que non xurda ningunha complicación co visado, porque en teoría deberían mo dar a principios de decembro, pero nunca se sabe...(>_<)

Aínda estou que non mo creo. Estarei a soñar?

Deica a próxima!


8 comentarios:

  1. Que ben! xa tes billete!!! Agora comeza a conta atrás, dous meses pasan nun pis-pás!!(^∇^)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu que pensaba que o tempo non daría pasado nunca e sen darme de conta xa só faltan dous meses de nada. ヽ(@^∀^@)ノ

      Eliminar
  2. O problema é que o tempo vaiche pasar moito mais rápido cando esteas alí Un_n
    E así por curiosear, en cánto che saliron os billetes?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xa che digo. ヽ(;▽;)ノ
      O billete costou 700€. Saíndo xa de Vigo. Teño que pasar a noite en Madrid pero así aproveito para visitar as miñas amigas e facer a última festa de despedida xD

      Eliminar
  3. Cando tes o billete é cando empezas a pensar "é certo!! Vou ir a Xapón!!" E aínda así no terminas de crelo.
    Dous meses pasan voando ><

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu ata que chegue alá non mo creo. ε٩(๑> ₃ <)۶з

      Eliminar
  4. Jo! que pena, yo trabajo en Miki Travel >.< jajajaja Suerte con tu viaje ^o^

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Lo siento por no comprar en Miki Travel los billetes. No sabía que trabajabas ahí(><)Muchas gracias. Ya iré poniendo en facebook también todo lo que me pase. ♬ ヾ(´︶`♥)ノ ♪

      Eliminar