Ultimamente teño a cabeza chea de preguntas coma estas. Deben ser os nevios de saber que cada día estou máis preto de cumplir o meu soño.
Como ata chegar alá non vos podo ensinar nada interesante, pensei en presentarvos un pouco esta cidade.
Imos aló!
Nagoia (名古屋) é a capital da prefectura de Aichi. Está situada na illa de Honshu, ten unha superficie de 326 km² e é a cuarta cidade máis poboada do Xapón (2.266.693 habitantes). Está localizada entre Tokyo e Osaka, polo que se quero viaxar a algunha destas cidades téñoo bastante fácil.
O porto de Nagoia é un dos máis importantes do Xapón. Nisto seméllase bastante a Vigo.
O mar foi unha das razóns polas que elixín esta cidade. Eu non podería vivir lonxe do mar.
A paisaxe de Nagoia
Hai algún que outro rañaceos! (*゚▽゚*)
O mar foi unha das razóns polas que elixín esta cidade. Eu non podería vivir lonxe do mar.
Principais puntos turísticos
Que ver en Nagoia? Pois ata que chegue e examine cada recuncho da cidade só podo ofrecervos o que atopei pola rede, os lugares por excelencia.
O castelo de Nagoia (名古屋城)
A torre de Nagoia (名古屋テレビタワー)
A paisaxe de Nagoia
Hai algún que outro rañaceos! (*゚▽゚*)
Como non podo encher isto con imaxes, déixovos un vídeo no que saen os lugares máis emblemáticos da cidade.
Que opinades? Gústavos?
A min gústame moito, sobretodo o castelo. Devezo por velo diante (♥˙︶˙♥)
Só faltan 54 días.
Deica a próxima!
Ten moi boa pinta!!! e xa veremos máis cousas cando poñas as túas propias fotos, vamos morrer de envexa ,haha (^_~)
ResponderEliminar54 dias de nada! que nervios,non?
Estou super nerviosa... Comezo a ter medo e todo xD
EliminarPero non podo deixar que isto me pare! Ganbarimasu!! p(*^ω^*)q
A verdade é que o mar é unha boa razón para elexir Nagoia. Eu tamén adoro o mar ♥
ResponderEliminarSiii~~ cando nos mostres as túas propias fotos morrermos de envexa hahaha.... Pero penso que o superaremos, hahaha...
54 días, que pouquiño ><
PD: ó final o teu blog tamén me vai vir ven a min para practicar galego, hahaha...
Non creo que haxa praias tan fermosas coma as de aquí pero ter o mar preto sempre calma o espírito.
EliminarQue conste que eu tamén morrín de envexa ó ver as fotos da túa viaxe! xD Aínda estou comezando coa fotografía réflex pero intentarei sacar boas fotos! Ganbarimasu!
Que alegría que practiquemos todos galego!! É unha lingua moi fermosa, non a podemos deixar morrer. (*˘︶˘*).。.:*♥