Vou escribir como foi o proceso de matriculación na miña escola, ECC Nihongo Gakuin.
Non volo podo asegurar, mais supoño que en todas as escolas o procedemento será parecido.

Ben, no meu caso elixín ir a Nagoia. É unha cidade bastante grande, mais non é Tokio, onde hai moitísimas escolas de xaponés. Daquela, a miña busca e elección foi bastante rápida. Se mal non lembro só había dúas ou tres.
Elixida a escola, o que segue é cumprir uns requisitos básicos e comezar coa recolección de papéis.
Volvo a repetir que isto é o que piden na miña escola, non sei como será noutras...
Requisitos imprescindibles:
-Ter o título de bacharelato. Hai que ter como mínimo 12 anos de educación para que te admitan.
-Se non tes traballo, precisas dun garante. Debes ter unha relación oficial con el e xustificar dita relación con algún documento tal coma unha partida de nacemento, o libro de familia, etc.
Documentos necesarios:
-O formulario da escola. Preguntan datos persoais, estudos, etc.
No meu caso tamén había que xuntar unha redacción que explicase os motivos polos que quería estudar no Xapón.
-Último título adquirido.
-Se estás cursando estudos e aínda non tes o título, tes que enviar un certificado conforme estás matriculado ou tes cursado algún ano.
-Certificado bancario que demostre que hai suficientes cartos para pagar a escola, a estancia e gastos varios durante todo o curso.
-Certificado de traballo. No caso de non ter traballo o certificado deberá ser do teu garante.
-Certificado que demostre a relación co teu garante: unha partida de nacemento, o libro de familia, etc.
-Certificado de empadroamento.
-Fotocopia do pasaporte.
-Fotografías.
IMPORTANTE: Os documentos teñen que estar datados nos últimos 3 meses e enviados xunto cunha tradución ó xaponés.
Debes facer copias de todo porque só vos devolven os títulos orixinais.
O meu consello é que fagades todo con tempo porque ás veces tárdase un pouco en conseguir estes papéis.
Espero que vos sirva de axuda. Se tedes algunha pregunta ou algún tema dos que vos gustaría que falase no blog, xa sabedes, deixádeme un comentario. (^o^)/
Veña, deica logo!

Está moi ben que deixes aqui por escrito todo o papeleo que tes que facer, así podes axudar a outra xente que tampouco teña idea :)
ResponderEliminarUn bico!
Graciñas por comentar. (*´˘`*)♡
EliminarTi sabes mellor ca min que isto de se ir ó Xapón é ben complicado. Espero que o que escriba aquí lle sirva de axuda a alguén.
Non sabía do teu blog! Estiven lendo as túas últimas entradas. Que interesante! Encántame♥
Pois si,e todo o papeleo son centos de dores de cabeza, haha ^^ eu non fixen tantos porque só era un curso de 3 meses, pero ainda así...mimadriña!
EliminarPois que ben! alegrame que che guste o meu blog!! o teu acaba de arrancar pero ten moi boa pinta! A partir de agora non me perderei ningunha entrada (^_^)v
Bufff unha preguntiña, eu fixen ciclo medio, servirame o teño que facer bachiller? (accedin por proba de acceso).
ResponderEliminar