12 mar 2013

Dous anos

Onte cumplíronse dous anos dende o terremoto e o tsunami que devastaron a rexión de Tohoku e a central nuclear de Fukushima.
Estes últimos días non se fala doutra cousa na televisión. Emítense moitos programas especiais sobre o terremoto, sobre superviventes, xente que quedou sen fogar, sen familias, sen traballo... Persoas que narran como cambiou a súa vida tras o desastre e nestes dous anos.

En diferentes cidades da rexión de Tohoku celebráronse varios memoriais ás vítimas.


En Miyage

En Fukushima

En Iwate


En Galicia a xente tampouco olvida e na Radio galega fixeron un especial sobre o tema. Mandáronme unha mensaxe por se quería participar no programa contando como estaban vivindo aquí este día. Por suposto participei. Estaba tan nerviosa que olvidóuseme dicir moitas cousas. (><)
Ademais tamén me preguntaron sobre a miña vida en Xapón e falaron un pouquiño do blog. Foi toda unha experiencia. Moitas grazas!



5 comentarios:

  1. A TV xaponesa non difire moito da española... Utilizan o que sexa para gañar audiencia... Demagoxia.

    Aquí foi sería un día normal se non fora polas bandeiras con cintas negras nalgúns locais da cidade e polo minuto de silencio que gardamos a iso das 14:46.

    Os meus amigos xaponeses nin se quera mencionaron o tema. E nas redes sociais deixáronse notar as mensaxes de solidariedade, pero menos do que eu pensaba.

    De feito, téñenseme queixado miles de veces de que os medios, cando a catástrofe, empregaron o acontecido para gañar audiencia e que lles deu bastante noxo porque eles vivírono moi de preto.

    A conclusión... Igual que en todas partes... Do que saia nos medios, hai que crer a metade da metade.

    Cousas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. En Nagoia, a parte dalgún pequeno evento para enviar mensaxes de apoio ás vítimas, non atopei ningún outro signo de que fora o aniversario do terremoto. Pensei que na escola nos falarían algo sobre o tema, pero nada. Ao rematar, pregunteille á profesora como se vivira o terremoto aquí e a súa reacción foi: 'ah, se hoxe é o aniversario do terremoto'. A verdade pensaba que sería un día máis importante para eles.

      Eliminar
  2. Carla! Non o podo crer! Saíches na radio!
    Moi interesante, gustoume moito =). Eu xa sabes que non podería jaja
    Aínda vas estar aí un ano máis, wow. Lémbrate de nós polo menos jjj

    Un bico moi grande.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non sabes ti os nervios que pasei! Aínda non sei como fun capaz de falar!
      Grazas por escoitarme. (*´˘`*)♡
      O tempo aquí pasa voando! (;∀;) Dentro de nada xa estarei aí de volta. Tranquila que non me olvido de vós! Que tal andas?

      Eliminar
  3. Pois ben, mon estresada, coma no catrimestre pasado, pero hai que aguantar. Xa queda menos!


    xx

    ResponderEliminar