27 mar 2013

Excursión!

O pasado xoves todos os alumnos de xaponés da ECC fomos de excursión para celebrar a fin do trimestre. Partimos ás 9 da mañá dende a estación de Kanayama en bus. Despois dunha hora de traxecto na que xogamos ao bingo e cantamos un pouco no karaoke que traía incorporado o autobús, chegamos á primeira parada: un buffet libre de amorodos!
Tratábase dun invernadoiro dedicado exclusivamente ó cultivo de amorodos. Durante unha hora podías comer todos os que che petase. Dito doutra maneira: o paraíso!!




Non levei a conta pero estou segura que comín moitos máis de cincuenta.
Por poder podería ter comido máis, pero xusto despois iamos ir á costa a xantar e non quería quedarme sen degustar o sashimi e as gambas típicas da rexión.
O restaurante o que fomos tina uns salóns enormes e unhas vistas ao mar espectaculares.



Todo riquísimo como de costume. Pero o máis especial desta parada foi o meu reencontro co mar despois de tres meses. Canto tempo levaba sen ver gaivotas!


Despois de descansar un pouco á beira do mar, dirixímonos a unha alfarería para pintar cadanseu maneki neko.


Na entrada dábanche a elexir o maneki neko que levanta a patiña dereita (para atraer os cartos) ou a patiña esquerda (para atraer a xente). Na miña clase todos eleximos o da patiña dereita xD
Así era antes de comezar↓


Tachán! Aquí está o meu maneki neko. A verdade é que só nos deron 30 minutos para customizalo. Non me gustou como me quedou... Estou por mercar unhas témperas e pintalo de novo.(。-∀-)U

Por último levaronos a unha factoría de mentaiko, ovas de peixe adobadas.
Deronos a probar algunhas comidas que levaban estas ovas e tomamos un descanso antes de volvermos.
A excursion non estivo nada mal. Foi un pracer pasar máis tempo cos compañeiros de clase e facer novos amigos. Aínda que tamén tiven que despedirme de bos amigos. (´;ω;`) Estes tres meses pasaron voando. Abril é epoca de comezos no Xapón. A diferencia con España aquí o curso académico é en abril. Espero con ansia os novos encontros, amizades e aventuras que me depararan de agora en diante.
(*^-^*)ノシ

7 comentarios:

  1. Parece divertida a saída ^_^ e cantos ichigos!!! ainda que non che sentaron mal jajaja

    O Neko quedoute moi ben ^_^

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Houbo compañeiros que comeron máis de 200! (゜ロ゜;ノ)
      Competían a ver quen comía máis. Seguro que acabaron con dor de barriga...

      Eliminar
  2. Que tal as gambas rebozadas? Están tan boas como dín?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pfffff... boísimas é decir pouco. Tes que vir a probalas(*´∀`)♪

      Eliminar
  3. Como mola ser estudante... Excursións, vacacións... Tócame a moral que en España estude unha carreira que non me deixa tempo libre e que en Xapón non sexa estudante (;_;)

    É certo o da época de despedidas... Aquí marchan moitos estudantes e chegan outros moitos. Ciclo primavera-outono.

    ResponderEliminar
  4. Unha excuraión moi completa!!
    A min gústame o teu maneki-neko ^^

    ResponderEliminar
  5. Menuda excursión, fisechedes un montón de cousas distintas e moi variadas, que bó planning :D así da gusto!!
    O ver as fotos entraronme ganas de amorodos, que boa pinta!^^

    ResponderEliminar