13 mar 2013

Mino 美濃

Boas!
Despois de tres meses de frío infernal, de un día para outro pasou de facer 5°C a pasar dos 20! A primavera vaise asentando e nunhas semanas estarán as cerdeiras en flor!

Aproveitando o bo tempo, a semana pasada fun a unha pequena vila da prefectura de Gifu chamada Mino. É coñecida pola súa estética tradicional e a artesanía, sobre todo de washi (papel tradicional xaponés), de cerámica e de sake.


Desde Kani (Gifu), onde vive o meu mozo, tardamos 40 minutos en coche. Despois de pasar en Nagoia de luns a venres, poder escapar á aldea é unha marabilla. A paisaxe de Gifu recórdame moito a Galicia, sobre todo polas zonas verdes e as montañas.


Ao chegar, xusto ao lado do aparcadoiro, atopámonos coa antiga estación de trens. A entrada é de balde. Hai catro trens antigos estacionados e podes entrar neles con total liberdade. Ademais, tamén hai planfletos e mapas da cidade, polo que non está de máis ir para informarse un pouco.




A cinco minutos a pé da estación está o casco vello da cidade onde abundan as casas tradicionais de madeira. Se non fora pola estrada de asfalto e algún coche aparcado por aí, sería completamente como viaxar ao pasado, non si? 




Nestas rúas a maioría das casas son tendas ou galerías nas que fan demostracións de traballos artesanais como a elaboración de washi (papel tradicional xaponés), lámpadas de papel, origami...  Ademais, tamén hai unha bódega de sake . A entrada tamén é de balde e danche unha copiña a probar.


O cheiro que había semellábase moito ao dunha bodega de viño. Recordoume un pouco á viaxe a unha das bodegas de viño do Porto.


Ese día debeu de celebrarse algún evento porque atopámonos con moita xente vestida de kimono e algún que outro cosplay de ninja. Que mágoa non ter ido un pouco máis cedo, cando chegamos xa rematara.


 
 
Por certo, ese día (3 de marzo) foi o Hina Matsuri, o día das nenas. Nas casas onde hai nenas é tradición decorar a sala de estar con bonecas tradicionais chamadas hina ningyou. En Mino había moitas tendas e casas nas que estaban expostas.


Que fermosas! Eu tamén quería! 。゚(゚´ω`゚)゚。 Pero sonche ben caras. Só unha parella delas custa máis de mil euros!

Xa de camiño de volta atopamos unha tenda de takoyaki (boliñas de polbo) e paramos a comer. O interior estaba ateigado de mangas! É normal que haxa algún manga ou revistas para ler nos restaurantes, pero esta tenda estaba a outro nivel!


 
takoyaki
okonomiyaki

tonpeiyaki

Como veredes púxenme as botas! Estaba todo boísimo! (๑´ڡ`๑)

E ata aquí a miña pequena aventura en Mino. Deica a próxima!

 

6 comentarios:

  1. pero que boa pinta!!!! que envidia de xantar que me das xDD

    por certo o unico que non sei que ten e o Tonpeiyaki.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. que booooooooooooo!!!!! O.O tomo nota para cuando poda volver!

      Eliminar
    2. Oh! Acabo de eliminar a mensaxe sen querer! Gomen ne!

      'O tonpeiyaki é unha especie de tortilla francesa rechea de carne, col e a salsa que se usa nos takoyaki. Está boísimo!

      Eliminar
  2. Bó tempo,takoyakis e mangas, non podería escoller un pack mellor, haha!!:D

    ResponderEliminar
  3. Moi boa entrada!

    Menudas fotos. Qué envexa :)

    Os recunchos pequenos afastados das macrourbes teñen o encanto do Xapón máis tradicional.

    Está xenial que poidas disfrutar deles (normalmente, acábalos coñecendo se levas moito tempo en Xapón ou se tes alguén que te leve, como é o teu caso).

    E disfruta do bo tempo que por aquí aínda tivemos unha nevada a fin de semana pasada :(

    ResponderEliminar
  4. Tonpeiyaki? Que es???? El okonomiyaki es como una crepe de verduras con bonito y mayonesa...está bueno?

    ResponderEliminar