19 mar 2013

Fin de trimestre

Veño de facer os exames de fin de trimestre. Non sei por que, pero sempre me poño enferma antes dun exame importante. Esta vez non foi diferente. (´;ω;`)
Pero xa pasou. A pesar de todo creo que me saíron ben. Agora só falta agardar ao venres para saber o resultado e comezar as merecidas vacacións de primavera.

Omamori (amuletos para aprobar exames)

Esta semana promete. Mañá é festivo e convidáronme a unha tea party lolita, unha reunión con moitas lolitas da cidade. Unha boa oportunidade para facer novas amistades. Mañá xa vos contarei que tal. Ademais, o xoves hai excursión coa escola. Canto tempo sen ir de excursión. Síntome como se volvera ao instituto. ヽ(・∀・)ノ
A verdade é que pinta moi ben. Primeiro imos ir a un cultivo de amorodos no que podes comer canto queiras ata rebentar. Co cara que vai aquí a froita haberá que aproveitar. Despois dirixirémonos cara a costa para degustar unhas ebi furai (gambas rebozadas fritidas) típicas da zona. Disque son enormes. ( ´∀`) E para rematar imos ir a unha fábrica de cerámica na que participaremos pintando algunha peza.
Parece que se aveciñan entradas entretidas.
Mata ne!(。・ω・。)ノヾ(。・ω・。)ノ マタネー♪

4 comentarios:

  1. Espero que che fora ben ^_^
    Party lolita??? miña madriña xD jeje pero a excusión pinta ben, almenos o comer jeje

    xa contaras ^_^

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas! O venres xa vos contaei que tal foron. (^^)

      Eliminar
  2. Pinta xenial!!! cantos plans interesantes! Que ganas xa de que volvas actualizar contando cómo che foi :D

    Bicos, pasao ben!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si!! Ultimamente con tanto estudo non tiven tempo para divertirme así que penso aprobeitar as vacacións ao máximo! Grazas por pasarte sempre! Bicos♥

      Eliminar