20 mar 2013

Party lolita

Como xa vos contara na entrada anterior, convidáranme a unha reunión de lolitas. Foi unha comida estilo buffet libre no Nagoya Kankou Hotel. Reunímonos a 1.30 na recepción do hotel. Ao principio estaba un pouco nerviosa porque non coñecía a ninguén, pero non me levou moito tempo facer amigas. Eran todas súper adorables. (*≧∀≦*)♥

 
En total eramos 15 rapazas e un fotógrafo que nos estivo sacando fotos durante toda a comida.
 


Normalmente visto un estilo máis escuro, sobre todo gothic ou kuro lolita, mais esta vez decidín probar o estilo classic. A camisa é de Innocent World e a falda de Lady Sloth.
 
 
No buffet libre había un pouco de todo, pero sobre todo abundaban os doces e pasteis. (๑´ڡ`๑) Púxenme as botas.



Cando rematamos de comer fixemos un bingo. As reglas aquí en Xapón son moito máis doadas! Só con facer liña gañas un premio! Haber había premio para todas pero quen cantara bingo antes tiña máis variedade onde elexir. Os agasallos etaban dentro de bolsas e non se podía ver o seu contido. Mediante etiquetas nas que había escritas pequenas pistas inclinábaste por unha ou por outra. Os premios resultaron ser complementos do fogar como toallas, manteis, coxíns... Nada do outro mundo. Pero mentras xogábamos pasámolo moi ben. A lolita que vai vestida de negro é moi falangueira! Eschachamos de risa coas súas anécdotas.


Ao rematar fomos ata Sakae, a zona comercial máis grande de Nagoia onde están as tendas de roupa lolita. De paso tiramos unhas fotos purikura.

 
 A organizadora da tea party acaba de crear unha nova marca lolita e pediume que lle fixera de modelo. Aínda non hai nada concretado pero imos volver a quedar para falalo con calma a semana que ven. Xa vos contarei!


 
 

8 comentarios:

  1. UOOOOOOOOOOOOO que monas jejeje

    ainda vas ser famosa xa verás!!! ti di que si xD a ver si cando volva vexote pos los anunciosjaja

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. hahaha oxalá xD A verdade é que non é a primeira vez que me piden facer de modelo. Teñen a beleza occidental sobrevalorada XD

      Eliminar
  2. A este paso vaste volver unha Idol xDD Recórdame a cando falabamos de todo isto antes da tua marcha, ó final aínda vou ter razón xDDD
    Cóidate moito e a pasalo ben ;)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hahaha! A ver a ver(ノ´∀`*) Polo de agora vou buscar traballo nun maid cafe! Ganbarimasu!

      Eliminar
  3. Canto tempo sen pasarme polo teu blog. Últimamente non teño moito tempo libre T_T pero xa me pusen o día.
    Alégrame leer o ben que estás a aproveitar o tempo >< e disfruto moito léndote ^^
    Cando volvas xa serás unha persoa famosa que vexo que a tua carreira como modelo progresa a pasos axigantados ^_~
    Biquiños dende Galicia!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas por pasarte. Eu tamén ando moi ocupada e case non teño tempo nin para escribir o blog. Que tal este ano en xaponés? É moi difícil?

      Eliminar
  4. Hola de novo =)

    Que riquiñas parecen as rapazas! Espero que esteas coñecendo xente simpática no tempo que levas alá.

    Por certo, que tal te sentiches vestindo diferente de gothic lolita? Eu cando me poño algo que non adoito levar normalmente estou súper incómoda e non quero que me vexan jaja

    xx

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola!!
      Pois, non me sentín incómoda. De vez en cando é bo probar cousas novas. (*^^*)

      Eliminar